Máis
alá do camiño
que nos leva ao final,
cando o tempo se adentre
na eternidad;
máis
alá do infinito,
collidalas mans,
vagaremos xuntolos dous
sen deixarnos de amar.
O noso amor arderá
por sempre no máis alá,
seremos cinza sempre viva,
polvo namorado;
ti e máis eu
no máis alá,
ti e máis eu
sen deixarnos de amar.
|
Cando
as sombras se acheguen
un luceiro serás,
coma polvo de estrelas
ti brillarás;
cando
o tempo se acabe,
no ceo, máis alá,
vagaremos xuntolos dous
sen deixarnos de amar.
Dormiréi
no teu colo,
nun xardín, nun rosal
onde a flor máis fermosa
nunca murchará;
e
máis alá do infinito,
collidalas mans,
vagaremos xuntolos dous
sen deixarnos de amar |