La Ribeira Sacra

                     Novembro 2003

                                                   Escolle outra lingua Selecciona castelán      Selecciona lingua inglesa   

oñécese como Ribeira Sacra a zona que se extende desde Castro Caldelas ata Ourense seguindo a marxe meridional do Río Sil, formando o linde natural que separa as provincias de Lugo, ao norte, e Ourense, ao sur.


      Recibe este nome polos numerosos mosteiros que se asentaron nesta zona entre os séculos X e XII, algúns deles actualmente en ruinas, outros restaurados e ben conservados.

      Son lugares cubertos de vexetación a través de paisaxes de bosques caducifolios e gorxas rocosas, en vals e lugares que convidan ao recollimento, á oración e o retiro.

Viista do Río Sil desde a Casa dos Castiñeiros.

Vista do Río Sil desde a Casa dos Castiñeiros.

 

   Desde Ourense fixemos a viaxe pola Ou-536 ata Vilariño Frío, onde unha estrada local en dirección norte nos levou ata Parada do Sil.

 (Ver Mapa)

    Entre varias opcións, decidimos establecer o noso centro en Casa dos Castiñeiros, en Rabacallos, á beira do Sil e moi preto de Parada do Sil.

 

 

       Moi preto de Parada do Sil atopamos o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, de orixe incerto aínda que aparece documentado no século IX como pertencente aos benedictinos. Dounos a impresión de estar abandonado.

            Vista lateral de Santa Cristina de Ribas de Sil

             
      Entrada á igrexa

   
        Interior da ábsida
 

Olaría típica         Fai clic no altar para ampliar. 

          

       A olería de Niñodaguía conserva unha tradición artesá adaptada a un uso ornamental. Utilizando unha arxila dun ton branco, propia desta zona, os artesáns obteñen unhas pezas que barnizan despois en tons amarelos.

Olaría típica de Niñodaguia

        Seguindo a marxe esquerda de Río Sil en dirección oeste atopamos o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

(Ver Mapa).

 

Santo Estevo de Ribas de Sil

       O mosteiro estaba en obras, polo que tivemos que conformarnos con contemplalo desde os arredores sen poder acceder ao seu interior. 

       Ese Mosteiro é de fundación benedictina con orixes que se remontan ao século VI.      

Mosteiro en restauración Arredores do Mosteiro en obras.




Diferentes vistas nos arredores do mosteiro Santo Estevo de Ribas de Sil en restauración.

 

     Contemplando os impresionantes cañóns do Sil, e despois duna viaxe en catamarán, ao remate chegamos á presa que retén as súas augas antes de que o río verta no Miño, que segue a levar a fama. 

(Ver Mapa)
 

Presa do río Sil.

            Presa do río Sil preto da súa desembocadura no río Miño.

Cañóns do Sil

 

Viaxe en catamarán

Algúns enlaces suxeridos:

La Ribeira Sacra Guía turística de Galicia

PDT Ribeira Sacra Plan de Dinamización Turística

Románico en la Ribeira Sacra Guía de arte románico