Outubro 2001 Escolle outra lingua
|
omarca
da provincia de León situada ao suroeste de Astorga entre esta e a Serra do Teleno,
comprende varios pobos de forte tradición arrieira, de onde ven o seu nome. Entre varias
opcións de aloxamento para unha visita rápida a esta rexión, Quintanilla de Somoza
resulta ser unha boa elección.
|
Chégase a este pobo, a 18 Km. de Astorga, seguindo a estrada LE-133 dirección a Val de San Lourenzo para seguir despois pola LE-141.
|
Unha vista de Quintanilla de Somoza. Ao fondo a Serra do Teleno. |
|
A casa do Filandón |
Nesta viaxe aloxámonos na Casa do Filandón, que resultou ser un sitio moi agradable, cun servicio esmerado, amplos cuartos e a posibilidade de facer varias actividades. |
Quintanilla de Somoza, no corazón da comarca maragata, é un bonito e tranquilo pobo desde o que se pode ir andando ata o monte Teleno (2.188m.).
Foron moi agradables os paseos polas beiras do río Duerna (á dereita), sendo o outono a mellor época, xa que os montes teñen todos os amarelos e vermellos nas súas follas. Esa foi a data que escollemos para visitar esta comarca.
|
Aquí é obrigado facer unha referencia á Hostería Cuca la Vaina en Castrillo de los Polvazares. É fácil chegar pero é difícil atopar mesa, as veces nin con recomendación. Que hora é? No reloxo que hai enriba do mostrador é difícil saber que hora é, pero pasando o rato sobre o reloxo poderás saber que hora marca. |
O cocido maragato debe comerse ao revés comenzando polas carnes e demáis tropezóns para seguir cos garabanzos e rematar coa sopa. Todo iso ten a súa razón de ser perfectamente xustificada. Para maís detalles, visita a páxina de Pepe Iglesias.
|
|
Despois de dar boa conta do cocido e demais complementos, unha boa opción foi empregar a tarde en facer unha visita á Ferrería de Compludo, a uns 30 Km.pola mesma estrada LE-142. |
|
Ao chegar a Acebo unha desviación levounos por unha sinuosa estrada pola que
se chega á Ferrería situada á beira do río no fondo do val. A paisaxe é moi fermosa,
pero débese ter coidado cos frenos do coche! A Ferreía de Compludo, do século VII, foi restaurada hai pouco. A fragua segue a funcionar como na Idade Media conservando o mazo en perfecto e ruidoso funcionamento e a fragua onde se inxecta aire por medio dun curioso mecanismo baseado no principio de Venturi. u |
Algúns enlaces de interese: