LAS ARRIBES DEL DUERO
iaxar ata a raia con Portugal levounos a Miranda do Douro, á beira do río Douro. O noso interese era visitar As Arribes e facer un cruceiro polo río. |
Unha vista de Miranda do Douro... |
.....e da sua Catedral. |
Miranda do Douro é unha fermosa cidade da provincia portuguesa de Tras-os-Montes, situada na parte máis meridional desta e pola beira dereita do río Douro, que a separa da provincia española de Zamora. Un bo sitio para comer é “O Mirandés”, onde poñen un estupendo bacallau.
|
A estampa do río Douro desde a ribeira de Miranda do Douro resultou espectacular
|
Para facer a viaxe polo Douro, chegamos ao peirao por unha estrada local deixando o coche no aparcadoiro. Era outono e o chan estaba cuberto de follas caídas.
|
O parque das Arribes do Douro ofrece un cruceiro polo río entre cantís con alturas superiores aos 200 metros, e fonduras, nalgúns puntos do río, de máis de 80 metros. Contemplamos un dos sitios máis fermosos da nosa xeografía. |
|
|
Durante o recorrido poden verse aves grandes no seu contorno, sobre todo a aguia real e a aguia perdigueira, a cegoña negra e o alimoche. Vimos varias delas...
|
Navegando
polo Douro.
Pincha calquera imaxe para ampliar. |
... ... e aínda nos sobrou tempo para comer en Bragança, visitar a cidade e algúns dos seus monumentos, como o castelo, e por suposto non esquecemos saudar a Don Fernando, Duque de Bragança. |
|
Escudo e bandeira de Bragança |
|
Domus municipalis de Bragança |
Castelo de Bragança |
D. Fernando, duque de Bragança |
Algúns enlaces de interese (castelán):