Os Ancares e Serra do Courel. 

              Setembro 2004                           Escolle outra lingua    Selecciona castelán   Selecciona lingua inglesa   

                    Os Ancares

ta hai relativamente pouco Os Ancares era unha comarca afastada do mundo, esquecida e pobre ata que foi descuberta para o turismo, que encontrou un espazo natural dunha beleza pouco común.

            Adentrándose nos Ancares lucenses é penetrar na Galicia máis profunda, onde aínda é posible atopar lugares inéditos que enfeitizan poa súa beleza, pola fascinación e maxia dos seus bosques e pola excelente conservación do medio rural.

          As súas aldeas, esmorecidas nun illamento secular son un fiel reflexo de vida primitiva, testemuña permanente da loita do home pola supervivencia.

Para nós resultou ser unha das viaxes que máis impacto nos causou.

Os Ancares recibiron a designación de Reserva da Biosfera pola UNESCO no 2006.

 

                    Camiño de Piornedo

   Palloza en O Cebreiro

Palloza en O Cebreiro

A nosa viaxe comenzou no Cebreiro. Este pobo, situado en plena ruta xacobea, conserva algunhas pallozas que estiveron habitadas ata moi entrado o século XX. Seguimos unha ruta que, de certa maneira, é paralela á Serra dos Ancares, pasando por Doiras e A Degrada, ata Piornedo, no lindeiro coa comarca do Bierzo na provincia de León. 

 

 

(Ver mapa)

 

 

Montañas da Serra dos Ancares camiño de Piornedo

Montañas camiño de Piornedo na Serra dos Ancares.

    

      

 

       Como se apreciará nas nosas imaxes, a cobertura vexetal ocupa prácticamente case todo o chan. Atopamos extensas ladeiras sombrizas onde abunda o freixo, acivro, carballo, pradairo, abeleira, nogueira... e como era outono, moitas destas arbres víanse engalanadas cos amarelos e vermellos propios desta época.

        É grande a variedade de animais que poboan estas ladeiras. Abundan as aves de rapiña diurnas e nocturnas. Tivemos ocasión de ver algunhas como o azor e outras que non identificamos. O corzo e o rebeco parece que son abundantes e, segundo nos contaron, o oso deixouse ver algunha vez.

     

 

 

 

                    O Piornedo

Pallozas en Piornedo Palloza en Piornedo

   

             O Piornedo ten o mayor número de pallozas que aínda se conservan, algunhas delas poboadas ata hai pouco. 

           Teñen a planta circular, posúen uns grosos muros de pedra e un teito de forma cónica fabricado de palla de centeo. A súa orixe é pre-romana, probablemente celta, sendo a vivenda por autonomasia onde convivían persoas e animais. 

          A palloza non ten cheminea e o fume da lareira, que sempre debía estar aceso, saía para fora polo medio da palla, contribuíndo á conservación do teito, protexendo as vigas e secando a humidade da palla.

 

O recuncho de estar O tear
Ferramentas para traballar o liño A coroza, impermeable de xunco que protexe do frío e a chuvia.

Tivemos ocasión de visitar unha das pallozas-museo onde aínda se conservan varios utensilios. O recuncho de estar, arriba á esquerda, o tear arriba á dereita, as ferramentas para traballar o liño, a tasca co ripion e o restelo, abaixo á esquerda, e a coroza, impermeable de xunco para protexerse do frío e a chuvia, abaixo á dereita.

A volta fixémola seguindo a estrada que, desde A Degrada vai ata Cervantes, co outono en toda a súa forza, para rematar pola beira do río Navia ata Becerreá

    

(Ver Mapa).

 

Outono á beira do río Navia
                                Outono á beira do río Navia

Un vello castiñeiro. Río Navia

Un vello castiñeiro preto da ribeira do río Navia

Río Navia

                    

                    Serra do Courel

    A Serra do Courel, ou serra do O Courel, exténdese á outra man da N.VI desde Pedrafita do Cebreiro ata Quiroga, na provincia de Lugo. Ben coñecida pola súa riqueza paisaxística, presenta montañas máis empinadas que as dos Ancares e profundos vales por onde discorre o río Lor, afluente do Sil. É unha zona que posúe unha gran variedade de especies de aves e mamíferos.

A néboa cubre na profundidade dos vales en Serra do Courel.

Fai clic AQUÍ para ver a imaxe en tamaño grande.

    O día escollido para a nosa visita estaba cuberto e os castiñeiros, vestidos para o Outono, cubrían as ladeiras mesturándose co manto de néboa na profundidade dos vales.      

Á beira do río Lor. Caserios cos seus teitos de pizarra negra.

      Seguindo a carretera LU-651 paramos en Seoane, continuando logo ata Folgoso do Courel, despois de atravesar casaríos e pobos cos seus teitos de pizarra negra e sempre coa compaña do río Lor e os numerosos regatos e fervenzas que nel verten as súas augas.
   
Fai clic AQUÍ para ver outras imaxes da Serra do Courel.  

 

(Ver Mapa).

 

Algúns enlaces de interese:

                    Os Ancares

                         Serra do Courel